Os Podridos

   Historia

Esta istoria comeza en Beade (pequeño Londres), nunha parroquia viguesa nos anos posteriores aos 80. O Macao trouxo alí unhas cintas que lle pasara un jicho de Murcia...(Daquela por correo postal, claro). Non tardou moito en comernos a cabeza para montar un grupo de caña.

O primeiro concerto foi no I Revoltallo, no Teleclú de Valladares ala a finais do 93 con OSTIAS KE TE PARIU, KGBEN, UNHALLOWED... Daquela estabamos: Bastos ao baixo, Roberto e Pipo á guitarra, Suso Feixón á batería e Franky na voz.

Logo chegou o Cabrini para sustituir a Franky, que marchaba a facer a mili pa Canarias. Nesta época se compuxeron (inda que pareza mentira) os temas que compoñen o disco "Istoria sobre animales", todos eles (xa choveu de carallo).

Co tempo houbo máis cambios, xa que coa marcha de Bastos, Roberto pasou da guitarra ao baixo, con Fonsi axudandolle tamén unha temporada boa, ata que despois foi cando chegou Martini Racing para acompañar a Pipo, e Roberto colleu definitivamente o baixo.

Máis tarde sería Roberto quen nos abandonaría (ibamonos facendo vellos), e Martini acabou co baixo. Pero nese momento, faciase unha versión unpluggued de OS PODRIDOS cuns rapaciños da banda de Beade (Macal bombardino, Salva trombón e Petete trompa).

Pasado o tempo, os diversos directos "Ampluge" deron coma resultado que se unisen a Os Podridos Salva, nos trombóns xunto a Chiru e a Fran, dous rapaces de Beade que tocaban o trombón na banda de Música de Beade, e Petete, que co tempo se fixo cuns teclados e lle empezou a apretar ás teclas. É neste momento cando Os Podridos grabamos o noso primeiro Cd "Istoria Sobre Animales"(2009) 10 temas que recollen o traballo autóctono dos Podridos ata ese momento.Vendéronse as 500 unidades editadas.

O ano seguinte, decidimos grabar o noso segundo álbum "A Rejo Cheo!" (2010) con Dani Figueroa como productor, e son xa 600 as unidades distribuidas por Galiza e arredores.

No 2011 deixounos M-Racing como cantante e baixista,así que Os Podridos reestructuranse dando como solución a incorporación de Edu (un rapaz veciño de Beade) ao Baixo e aventurándose Angel na labor de cantante front-man.

Son xa varios os temas que Os Podridos estamos a crear para o noso próximo traballo discográfico, aparte dalgunha sorpresiña audiovisual e algún concerto... No 2013 cumplimos 20 anos, e daremos boa conta da celebración durante este ano... Live in the Esterco!

Sitios nos que intentamos armala:

Pedramola (Tacho Belén)

Morao (Juanillo)

Krisis (Jose)

Anoeta (Juan e Cliff)

O Bardo (Xose)

Teclas - Bueu

La Fabrica - Redondela

Codigo de Barras

Revotallo

Freixo Rock

Junta de Frequesía de Podame (Bar despois das dúas)

Funk-Rancho (Dani Feixón)

Cafeteria do CUVI

Cova dos Ratos

Bar Debaixo do Palco de Beade (Mari e Berto)

Furancho do Caco

Cafe Bar a Pedra (Luis)

SuperCross Dagan (Falagan e Dani Venda)

Festa do Motor Beade (cafeteria Luada II)

La vaca de naka

Parque Forestal de Beade

El Pollo Funky

A ESCAPADA

TIRALLE DO AIRE

FURANCHO TROULA

CARNAVALES de DOMAIO

Festival PECHECHE (SALGUEIRA)

Festival REBUMBIO

Festival "O Son das Mámoas"

Carnavais de Moaña

Café do mar(Hórreo Carnota)

TOURILANDIA

SAN BLAS